Presidio

Nun cárcere de esprito,
no máis fondo do meu ser,
atópase agochado o sentimento,
de non te poder ver…

Nunha roseira sen agromar,
nas anteras das súas frores,
reside o néctar da túa ollada,
agardando convertirse en pole…

No ventre dunha balea,
perto do fígado e o corazón,
alí repousa a túa lembranza,
daqueles seráns de paixón…

Cumios, furnas e soutelos,
espazos máxicos nos que me perder,
cabo do teu sorriso e da túa fala,
por non te poder ter…

Autor: Xosé María Ferro Formoso

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *